FAITE SOCIO CURSO 24/25, PREME AQUÍ!!!!

16/10/19

2 ROTEIRO pola comarca PALAS DE REI-CASTELO DE PAMBRE

Neste segundo roteiro visitaremos a Comarca da Ulloa, e máis concretamente o Concello de Palas de Rei. O Roteiro levaranos a tempos medievais, xa que recorreremos as inmediacións do Castelo de Pambre, un lugar cheo de historia, onde faremos unha ruta de 8km a carón do río rodeados de castiñeiros e carballos, visitaremos o Castelo, comeremos castañas e haberá algunha que outra sorpresa máis para os que nos acompañedes nesta ocasión.
Boa Camiñada!

Informarvos que para participar nesta actividade debedes cubrir o seguinte documento no que deixaredes constancia de ser coñecedores das normas polas que se rixe esta actividade. Non é necesario cubrir un en cada roteiro, cunha vez será suficiente. Podedes descargalo no seguinte enlace ou ben cubrilo o día do roteiro, xa que os membros da Anpa levarán copias do mesmo para quen as necesite.
https://drive.google.com/file/d/1BuZoKAzM_JsWSV-flUgjZKrwKbpAJxyX/view?usp=sharing

No hay comentarios: