Un ano máis comezan os roteiros pola comarca. Esta vez iremos á comarca de Castroverde. Faremos a Contorna de Soutomerille, un camiño de 6km faciliño e rodeado de castros e carballos.
A saida será desde o colexio ás 10h, para dirixirnos ao lugar de aparcadoiro de onde parte a ruta. Os que queiran xantar pola zona despois da ruta, hai feira quincenal en Castroverde e distintos restaurantes.
Animádevos! Boa camiñada!
No hay comentarios:
Publicar un comentario