FAITE SOCIO CURSO 24/25, PREME AQUÍ!!!!

18/2/19

6º ROTEIRO pola comarca " Roteiro Literario Fiz Vergara Vilariño"

O seguinte roteiro lévanos ao Val de Lóuzara onde bremanza a poesía. É un roteiro atípico no que realizaremos os primeiros km en coche parando nas primeiras obras de arte que foron realizadas en relación a poemas de Fiz Vergara Vilariño, estratexicamente colocadas facendo referencia aos poemas e lugares citados. A primeira parte recorreremos uns 10 km en coche pasando por diferentes puntos de referencia, saindo de Aira Padrón cumio da montaña, e percorrendo a paisaxe por estrada ata o fondo do val. Alí, o mundo detense en Lóuzara, semella tamén que o tempo o fixo e iremos recorrendo a pé 4-5 km entre esculturas, paisaxes, regatos e poesía. Iremos disfrutando da paisaxe e da compañía.
 Boa Camiñada!

Se tes interese en visualizar información detallada sobre o roteiro, preme no seguinte enlace:
https://drive.google.com/file/d/1JJkDaZvUd8lqmUQ-UjNwgPvFnxXF71y2/view?usp=sharing



No hay comentarios: