FAITE SOCIO CURSO 23/24, PREME AQUÍ!!!!

19/1/19

5 ROTEIRO POLA COMARCA DOS SETE MUIÑOS GUITIRIZ

   O día 27 de Xaneiro camiñaremos polo Roteiro dos sete muiños- Roteiro da auga e da pedra, en Guitiriz. É un roteiro parcialmente circular de 7,5 Km e de dificultade baixa, apto para nen@s pequenos, xa que despois de 38-40 minutos camiñando, na zona da piscina de sete muiños, remata un roteiro, comeza outro, e neste punto pódese subir á vila, ou voltar sobre os nosos pasos ata o inicio.
   A saída do colexio será ás 10 horas , e o punto de encontro a gasolineira da entrada da vila, na N-VI con bo sitio para aparcar.
   Para os que se queden a comer pola zona, ese día hai feira na vila de Parga, e a especialidade do lugar son os callos.
   Para a tarde está prevista a visita á Casa Museo de Victor Corral as 17 horas en Baamonde.
   Recoméndase levar roupa de recambio se chovera.
   BOA CAMIÑADA!!!!

No hay comentarios: