FAITE SOCIO CURSO 24/25, PREME AQUÍ!!!!

14/10/18

SORTEO ACTIVIDADE PATINAXE

  En patinaxe a actividade extraescolar financiada polo concello había máis de 20 nen@s, o que obrigou a facer un sorteo, os criterios do sorteo tal como se acordaron na asemblea da ANPA de onte martes, foron que os irmáns van xuntos e tamén se acordou que os alumnos de sexto de educación primaria ao ser o seu último ano no colexio, entraban directamente na actividade sen ir a sorteo, por iso aparecen remarcados en azul.  No documento que adxuntamos, os que aparecen sinalados en verde entraron por sorteo na actividade, e á esquerda podedes ver a orde de números que saiu no sorteo.
   As familias que non entraron poderan facelo co orde que aparece a dereita en canto teñamos baixas. 
   Lembramos que as tres faltas de asistencia a actividade por causa non xustificada seràn dados de baixa.
   As actividades gratuítas do concello xestionas Serviplús  e é ela quen marca o número de prazas e as normas( como o da asistencia, sorteo de prazas... )
   Consulta aquí o listado:
https://drive.google.com/file/d/1LYHLZsDqJQJynJZmQzhEQjI-XK-iFY8-/view?usp=sharing

No hay comentarios: