![]() | ||
Este é o cadro doado por Ana Rodriguez | . |
Durante a Festa de Fin de Curso terá lugar a entrega do cadro doado por Ana Rodríguez, monitora durante vintecinco anos de Pintura e outras actividade extraescolares organizadas pola ANPA.
Ana Rodríguez é profesora de EXB e diplomada en Artes Aplicadas. Recibiu cinco premios a nivel de Galicia e dúas mencións especiais en 2008 e 2011 por Oleadas de Galicia e A cor do sentimento. Foi distinguida tamén con dous premios en Asturias e outros tres no País Vasco .
Ten impartido clases de Educación Plástica para o Museo Provincial, Caixa Galicia, o Colexio Fingoi e diversos centros socioculturais, así como actividades de formación no colexio Fingoi, no Concello e en diversos centros sociais. Asi mesmo dirixiu actividades de formación neste ámbito para profesorado de diversos niveis. Durante vintecinco anos, foi monitora de Pintura e outras actividades artísticas (Barro, Obradoiro de Creatividade) para a ANPA do Colexio Illa Verde.
Actualmente, prepara unha exposición relacionada coas mulleres traballadoras de Lugo.
O seu desexo é seguir colaborando co noso colexio e expresa o seu agredecemento a ANPA, a tódalas Xuntas Directivas coas coa colaborou, e agradece a boa disposición e o trato amable que lle dispensou durante o tempo que traballo para a ANPA
No hay comentarios:
Publicar un comentario