FAITE SOCIO CURSO 24/25, PREME AQUÍ!!!!
FESTA DE ANTROIDO: Xoves, 23 de febreiro de 2017
Achégase o tempo de Antroido e, como sempre por estas datas, a ANPA organiza unha festa aberta a tódol@s compoñentes da comunidade educativa do CEIP Illa Verde. O tema da edición 2017 do noso Antroido, relacionado co proxecto que desenvolve este curso o colexio, xira arredor das ROMARÍAS TRADICIONAIS GALEGAS. En relación con elas, facémosvos a seguinte proposta aberta -calquera outra opción é admisible- para o reparto dos papeis dos participantes na romaría:
- Educación Infantil: O GANDO (tratantes, pastores, animais, etc.).
- 1º e 2º de Educación Primaria: A HORTA (labreg@s, vendedor@s, produtos da terra, etc.)
- 3º e 4º de Educación Primaria: A MÚSICA (bandas, orquestras, grupos folclóricos, instrumentos).
- 5º de Educación Primaria: A ARTESANÍA (labores, oficios e produtos).
- 6º de Educación Primaria: O TELDERETE DA FEIRA (cociñeir@s, camareir@s, comida e bebida)
A festa celebrarase o vindeiro xoves 23 de febreiro de 2017 a partir das 16:00 nas instalacións do colexio. O alumnado de 6º de Educación Primaria, cumprindo co papel asignado, organiza un MERCADIÑO onde venderá bebidas, lambonadas deste tempo e roupa co obxecto de recadar fondos para a súa excursión de fin de etapa.
Para animar a festa haberá tamén diversos OBRADOIROS (maquillaxe, globoflexia), XOGOS POPULARES e AMBIENTACIÓN MUSICAL.
AGARDÁMOSVOS. FELIZ ANTROIDO 2017! NOTA: Pola celebración da festa, o xoves 23 de febreiro pola tarde non terán lugar as actividades extraescolares organizadas pola ANPA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario