FAITE SOCIO CURSO 25/26, PREME AQUÍ!!!!

2/11/16

SAÍDAS EN FAMILIA: Excursión a Ourense (12-XI-2016)


A ANPA do CEIP Illa Verde organiza para o vindeiro sábado 12 de novembro de 2016 unha nova actividade dentro do programa Saídas en Familia. Consistirá nunha excursión á cidade de Ourense que incluirá visita ao parque ferroviario, ao claustro do convento de San Francisco, aos baños termais da cidade -con chapurrón incluído para quen o desexe- e, se as condicións meteorolóxicas e lumínicas o permiten, ao observatorio astronómico. Ao mediodía podemos xantar de picnic nun lugar axeitado.

Cada un dos rapaces e das rapazas asistentes deberán ir acompañados como mínimo por un adulto responsable. O número de prazas ofertados inicialmente -rapaces e adultos incluídos- é de 50, ampliables se a demanda e a disponibilidade de autocares o permite.

A saída do/s autocar/es está prevista ás 9:30 da mañá do 12 de novembro dende en fronte á entrada do Colexio e a volta dende Ourense, se pode desenvolverse a observación astronómica, ás 20:00.

O prezo da actividade será de 11 € por participante (nen@ ou adult@) pero as familias asociadas terán un desconto de 3 € por cada un.

Unha vez coñecidos tódolos detalles publicaranse nesta web.

No hay comentarios: