FAITE SOCIO CURSO 24/25, PREME AQUÍ!!!!
NOVIDADES COMEZO DE CURSO: Axudas e comedor
Segundo nos informan están ao dispor dos solicitantes beneficiados na Secretaría do Colexio os cheques de axuda para material escolar. Asi mesmo, os libros de texto procedentes do banco solidario entregáranse aos nenos e ás nenas o día 13.
No tocante á cuestión do comedor escolar,
a situación a día de hoxe é a seguinte: no mes de xullo, ante a
imposibilidade de cumprir os prazos administrativos necesario para pór
en marcha o convenio polo que a Consellería de Educación delegaba no
Concello a xestión do comedor escolar antes do comezo deste curso
2016-2017, foi necesario arbitrar unha solución de emerxencia. As ANPAS,
incluídas a nosa, asumiron a xestión do comedor escolar a través da
nosa Federación, a FAPACEL, ata o 31 de decembro de 2016 a través dun
contrato coa empresa actualmente concesionaria do servizo, VITAE.
Mentres, deberá aprobarse o convenio entre a administración autonómica e
local e o Concello deberá elaborar o prego de condicións, convocar e
resolver o concurso do servizo para que este comece a funcionar sen
problemas dende o 1 de xaneiro de 2015.
No hay comentarios:
Publicar un comentario