FAITE SOCIO CURSO 24/25, PREME AQUÍ!!!!
Festa de Antroido, 4 de febreiro 2016
O vindeiro xoves 4 de febreiro celebraremos a tradicional Festa de Antroido nas instalacións do colexio a partir das 16:30 horas. Como tema da celebración, escollimos este ano A MÚSICA. Trátase dunha proposta aberta na que poden entrar personaxes (músicos, cantantes...), agrupacións (bandas, orquestras, grupos...), xéneros (óperas, zarzuelas, música sinfónica, rock, pop, rap, hip-hop, disco...) símbolos (claves, notas, pentagramas, silencios...) que dá moito onde escoller. Estamos a pechar o programa de actividades de animación para a festa e lembramos que, como en anos anteriores, o alumnado de 6º de Educación Primaria organizará un mercadiño de alimentos de Antroido e artesanía para recadar fondos para a súa viaxe de fin de curso.
Lembrámosvos que con ocasión da festa quedan suspendidas as actividade extraescolares organizadas pola ANPA a partir das 16:00 do devandito día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario