Achéganse
os días de Antroido e imos celebralo novamente cunha
Festa de Convivencia aberta a toda a Comunidade Educativa do
CEIP Illa Verde o xoves 12 de febreiro de 2015 a
partir das 16:15 horas no pavillón do noso
colexio. Pensando no valor educativo e en non provocar demasiados
dores de cabeza a nais e pais, o tema central da Festa deste ano vai
ser O mundo animal. As actividades desa tarde desenvolveranse
consonte ao seguinte programa:
-
16:15. Benvida.
-
16:30. Desfile por cursos.
-
17:15. Actividades simultáneas:
-
Obradoiro de maquillaxe.
-
Xogos con paracaídas.
-
Animación músical.
-
Mercadiño de produtos de Antroido organizado polo alumnado de 6º de Educación Primaria co obxecto de recadar fondos para a súa excursión de fin de curso.
-
-
18:15. Remate da festa.
Debemos
lembrarvos que esta tarde non se desenvolverán as
actividades extraescolares habituais organizadas pola ANPA. Asi
mesmo deberedes ter en conta para unha axeitada marcha da Festa as
seguintes normas: durante o seu desenvolvemento os nenos e as
nenas participantes deberán ser supervisad@s en todo momento polas
familias; procurarase manter a máxima limpeza das instalacións e
depositarase todo o lixo nos contedores habilitados ao efecto; só se
utilizará o interior do colexio para ir aos servizos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario