O tradicional Festival de Nadal terá lugar este ano no Auditorio da Facultade de Veterínaria o
vindeiro venres 19 de decembro a partires das 17:00
horas. Actuarán nel o Coro da ANPA, os rapaces e rapazas de
Baile Tradicional, de Canto e Percusión, Ximnasia Rítmica, Teatro e
Iudo. Ao remate das actuacións farán acto de presenza no vestíbulo
de acceso ao Auditorio as Súas Maxestades os Reis Magos de
Oriente que, como sempre, virán cargados de agasallos para os
nenos e nenas que confirmen a súa asistencia. Mentres se desenvolve
o reparto real, terá lugar un mercadiño organizado polos
nenos e as nenas de 6º de Educación Primaria destinado a
recadar fondos para a súa excursión de fin de curso.
As
condicións fixadas polos titulares do local utilizado establecen
taxativamente que non se introducir comida dentro do Auditorio.
Para
organizar a celebración, necesitaremos da vosa contribución a
través dun donativo de 3 € por rapaz ou rapaza.
Pedímosvos tamén que non vos esquezades de cumprimentar axeitadamente o resgardo achegado coa circular entregada esta semana e que llo entreguedes co donativo á vosa mestra ou mestre antes
do 12 de decembro. Polas limitacións de espazo do Auditorio
necesitamos tamén saber coa maior exactitude posible o número de
asistentes. Por iso, rogámosvos que na semana do 15 ao 19 de
decembro pasedes polo local da ANPA para recoller os vosos convites.
No hay comentarios:
Publicar un comentario