FAITE SOCIO CURSO 25/26, PREME AQUÍ!!!!

27/6/14

Calendario escolar curso 2014-2015

No D.O.G. do 26 de xuño de 2014 publicouse a Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pola que se establece o calendario escolar para o curso 2014-2015. Segundo esta, as actividades lectivas en Educación Infantil e Educación Primaria comezarán o o 10 de setembro de 2014 e rematarán o 19 de xuño de 2015. Os períodos de vacacións serán os seguintes:
  • NADAL: dende o 22 de decembro de 2014 ao 7 de xaneiro de 2015, ámbolos dous inclusives.
  • ENTROIDO: días 16, 17 e 18 de febreiro de 2015.
  • SEMANA SANTA: dende o 30 de marzo ata o 6 de abril de 2015.
 Haberá que engadir a estes os días festivos de carácter estatal, autonómicos e locais e, cando as festas locais non coincidan co calendario lectivo, os centros poderán escoller 1 ou 2 días máis previo acordo do Claustro, o Consello Escolar e a Administración Educativa.
Pódese consultar o texto completo da Orde premendo AQUÍ.

No hay comentarios: