FAITE SOCIO CURSO 25/26, PREME AQUÍ!!!!
FESTA DE ANTROIDO 2014
A FESTA DE ANTROIDO organizada pola ANPA terá lugar este ano na tarde do martes 25 de febreiro de 2014 a partir das 16:30 horas da tarde. Aproveitando o tema do proxecto desenvolto polo Colexio ao longo deste curso académico, Lugo chámate, pensamos en que o tema máis axeitado para os disfraces sería Os antigos poboadores de Lugo, repartindo os personaxes por niveis segundo segue:
- Educación Infantil: a Idade Media (cabaleiros, damas, cregos, labregos...)
- Primeiro e Segundo Ciclo de Educación Primaria: os habitantes da Lucus Augusti romana.
- Terceiro Ciclo de Educación Primaria: os castrexos.
Esta é unha proposta aberta e, se así o desexa, calquera neno ou nena poderá ir co disfraz que lle apeteza.
No momento en que o programa estea pechado, enviaráselle a tódalas familias unha circular ao respecto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario