FAITE SOCIO CURSO 24/25, PREME AQUÍ!!!!

28/11/13

Programa SAÍDAS EN FAMILIA: Actividade de olería en Bonxe (14-Decembro-2013)

A ANPA do CEIP Illa Verde organiza para o sábado 14 de decembro unha nova iniciativa dentro do Programa de Saídas en Familia. Consistirá esta nunha actividade de iniciación ao traballo do barro e da cerámica da man de Pepa, artesá alfareira con obradoiro en Bonxe. Inclúe unha visita ao seu obradoiro (http://pepabonxe.blogspot.com.es/) e a posibilidade de que os nosos rapaces e rapazas poidan traballar durante unha hora e media co barro manipulándoo e utilizando diversas ferramentas contando coas súas orientacións. O desprazamento correrá a cargo das familias e habería que aboar por cada neno/a participante 3 euros no caso das familias asociadas á e 6 euros no das non asociadas, contía coa que se pretende retribuír o traballo da artesá.
Organizanse 3 grupos de 10  nenos/as, cada un dos cales poderá ir acompañado dun adulto. O horario previsto é o seguinte:

  • 1º grupo, de 10:00 a 11:30
  • 2º grupo, de 11:30 a 13:00.
  • 3º grupo, de 17:00 a 18:30.
Os interesados poderán apuntarse no local da ANPA no horario establecido de atención ás familias.

Podedes consultar a ruta nesta ligazón:
https://maps.google.es/maps/ms?msid=202095509728159196960.0004cf8fdaf7ea6339d01&msa=0
Ver Rota olería de Pepa na Veiga (Bonxe, Outeiro de Rei) nun mapa máis grande

No hay comentarios: