FAITE SOCIO CURSO 24/25, PREME AQUÍ!!!!

28/11/12

ACTIVIDADES: Novos grupos en XADREZ e XIMNASIA RÍTMICA

A notable demanda para dúas das actividades extraescolares promovidas pola ANPA, XADREZ e XIMNASIA RITMICA, fai factible e mesmo recomendable organizar novos grupos nos seguintes horarios:

  • XADREZ: venres de 16:00 a 17:00, que podería comezar no mes de decembro.
  • XIMNASIA RÍTMICA: xoves de 16:00 a 17:00, principiando en xaneiro do 2013.
Tanto nun caso como no outro a posta en marcha dos novos grupos esixiría unha demanda mínima. Por iso, aqueles que estean interesados en incribirse deberán formalizar a súa petición no local da ANPA no horario de atención establecido. Se alguén dos xa anotados, está máis interesado no novo horario debe comunicalo tamén.

No hay comentarios: