
A Fundación Preescolar na Casa está en risco de desaparecer polo recorte brutal das subvencións públicas que recibía de parte da Xunta de Galicia e, dende hai xa algúns meses, éstase a desenvolver unha campaña de apoio a esta entidade e aos seus programas pioneiros. Entre as accións emprendidas esta unha recollida de sinaturas on line que, se así o desexades, poderedes cumprimentar na seguinte ligazón:
http://peticionpublica.es/PeticaoVer.aspx?pi=PnC2011
Asimesmo, comunicámosvos que o vindeiro sábado 26 de Novembro, terá lugar en Lugo unha manifestación promovida polos traballadores e traballadoras da Fundación máis as familias afectadas. partirndo ás 12:00 da praza do Ferrol e facendo un percorrido ata a Fonte do Rei onde terá lugar unha concentración arredor da estatua de Antonio Gandoy, o cura da bicicleta , fundador do programa Preescolar na Casa, pensador cun cun soño, darlle un merecido lugar e a máxima competencia educativa aos pais. Agardamos a vosa presenza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario