Dentro do programa de actividades promovido pola ANPA fóra do horario escolar engadimos á tradicional Festa de Nadal, que este ano se desenvolverá no Auditorio Gustavo Freire na tarde do 22 de decembro, o deseño dunha visita didáctica ao Lugo romano que incluría os tres centros abertos dependentes do Concello, a Domus Oceani (Casa dos Mosaicos), o Centro de Interpretación da Muralla e a Sala de Exposicións Porta Miñá. A actividade podería ter lugar nun destes dous sábados de decembro, o día 10 ou o día 17, a partir das 11:30.
As visitas non terían ningún custo para as familias. Estas responsabilizaríanse de acompañar aos rapaces e persoal do Departamento de Cultura do Concello se encargaría de guiala. Se estades interesados, poñédevos en contacto connosco ben utilizando o correo electrónico ben persoalmente no local da ANPA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario