O pasado xoves 16 de xuño de 2011 desenvolveuse dende as 19:00 a reunión convocada pola Xunta Directiva da ANPA do CEIP Illa Verde para informar da xestión desenvolvida ó longo do curso académico 2010-2011. Aínda que no mes de setembro, coincidindo co comezo do curso 2011-2012, terá lugar a Asemblea Xeral Ordinaria de Soci@s prevista nos Estatutos da Asociación, consideramos que cumpría darvos os datos necesarios para que vos fagades unha composición de lugar ante unhas circunstancias que -oxalá nos equivoquemos- poden presentarse conflitivas e, ante as cales, será imprescindible contar coa colaboración de tod@s.
Ante unha asistencia moi escasa, informouse de cuestións antinxintes á festa de fin de curso (o venres entregouse por parte do profesorado do colexio o programa), o desenvolvemento das actividades extraescolares, as xestións levadas a cabo perante as diferentes administracións públicas e outros temas.
Podedes atopar unha información máis amiúdada premendo nesta LIGAZÓN.
No hay comentarios:
Publicar un comentario