Dado que un dos obxectivos desta ANPA é facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, no seo da Xunta Directiva levamos algún tempo pensando na posibilidade de prolongar o desenvolvemento das actividades extraescolares durante a primeira quincena de xuño, en concreto ata o venres día 17. Esta ampliación non atinxiría ás actividades gratuitas financiadas polo Concello (baile tradicional, patinaxe), xa que éstas dependen do contrato entre éste e a empresa que as imparte, VITAE.
Para poder levar a cabo esta prórroga cómpre contar cun número suficiente de rapaces e rapazas e, polo tanto cumpriría saber canto antes a vosa opinión para comunicárllelo ós monitores.
Como, cos medios de comunicación de que dispoñemos, non sempre resulta facil chegar a tódol@s pais e nais interesados, pedímosvos que contribúades a espallar esta nova e animedes a transmitirnos os desexos e intencións da comunidade escolar do CEIP Illa Verde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario