FAITE SOCIO CURSO 24/25, PREME AQUÍ!!!!

5/5/11

ACTIVIDADES PARA OS NENOS: Música e teatro

Durante este mes de maio están previstas en Lugo diversas actividades para nenos e nenas organizadas polas institucións públicas:
  • Este sábado, 7 de maio de 2011, actuará nos xardíns da Deputación Provincial de Lugo, a partir das 12:00, o grupo de música popular PESDELÁN no decurso da festa organizada pola Asociación Lucense pro Lactancia Materna BICO DE LEITE co gallo da entrega de premios do seu certame de debuxo (ligazón).
  • Os sábados 7 e 14 de maio ás 19:00 e o 21 ás 12:30 e ás 19:00 terán lugar en diferentes espazos do Museo Provincial de Lugo un Ciclo de Teatro dentro do proxecto BUXIGANGA (páxina en Facebook) promovido pola Deputación coa participación de diferentes grupos da provincia. Se queres ver o programa preme aquí.
  • Dentro do programa do Festival de Música Cidade de Lugo, que se desenvolverá durante os meses de maio e xuño, terán lugar, como en anos anteriores, os actividades d'O CORPUS DOS NENOS: un taller de danza renacentista recomendado para nen@s dende 9 anos (sábado 28 ás 11:30) e dous concertos en familia (sábados 21 e 28 ás 18:00) no Círculo das Artes. A entrada será libre ata completar o aforo. Para ver o programa preme nesta ligazón.

No hay comentarios: