Comunícannos os monitores de IUDO que o vindeiro sabado 28 de maio dende as 11:00 da mañá terá lugar no Pavillón da Malata de Ferrol o II RANDORI DE IUDO INFANTIL. Neste acontecemento, consistente na práctica libre da loita de iudo, cada neno ou nena de 1ª a 6ª de Educación Primaria participará, como mínimo, en dous combates de iudo pé con outr@s nen@s da súa idade.
Pola súa banda, os rapaces e as rapazas de Educación Infantil levarán a cabo un adestramento onde porán en práctica as habilidades e técnicas desenvoltas durante este curso.
Ó final do Randori todol@s participantes recibirán unha medalla e unha camiseta e poderán utilizar os hinchables que se han montar no pavillón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario