Ó igual que acontecía o pasado curso, dúas horas desta actividade son pagadas polo Concello e, polo tanto, esta non significaba ningún custo para os rapaces/as. Sen embargo, o número de inscritos superou con moito as posibilidades de atendela por parte dos monitores. Para que ninguén tivese que darse de baixa, a ANPA decidiu, do mesmo xeito que se viña facendo, contratar unha hora máis con VITAE, a empresa que presta este servizo para o Concello, e, en xustiza, repartir o custo adicional entre tódolos asistentes.
O prezo é de 12 euros por rapaz/a ata que remate o curso. Para aboar esta cantidade podedes utilizar os dous mecanismos habituais:
- Pagar no local da ANPA no horario establecido (Luns e mércores de 9:00 a 10:00 e martes e venres de 16:00 a 17:00)
- Facer un ingreso na súa conta bancaria (Caixa Galicia: 2091 / 0188 / 18 / 3040000546) facendo facer constar no concepto os APELIDOS e NOME dos rapaces e a actividade de que se trate (PATINAXE)
No hay comentarios:
Publicar un comentario