
Ante a eventualidade de que, dado o apretado do seu calendario, as dificultades de transporte, a renovación do estado de alarma, unha folga de cameleiros ou calquera outra circunstancia, os Reis Magos de Oriente non poidan chegar puntualmente ó Colexio na mañán do mércores 22 de decembro, hai que ser previsores. Por iso, sería moi útil contar para esa circunstancia con pais e nais que puidesen exercer de substitutos dos Reis (non había raíñas no relato tradicional, pero pódese amañar) e paxes (o relato non aclara nada sobre o xénero destes auxiliares). Sería preferible que @s voluntari@s, por circunstancias que podedes imaxinar, fosen proxenitores de rapazas ou rapazas os últimos cursos de primaria pero, se non pode ser así, amañaremos. Dado que as súas maxestades teñen contacto directo coa ANPA, sería ben que os demandates dunha praza de Reis e paxes interin@s se presentasen o luns ou o martes no noso local para o casting.
Ah! Lembrade que necesitamos axuda tamén o martes 21 pola tarde para acondicionar o pavillón para a festa
No hay comentarios:
Publicar un comentario