-IUDO: Este sábado, 18 de decembro, as rapazas e os rapaces de iudo participarán nunha exhibición desta arte marcial en Oleiros. A saída do autobús dende Lugo está prevista ás 7:30 xa que a pesada comezará ás 9:00.
-BALONCESTO: Tamén este sábado 18, os nenos e as nenas de baloncesto compiten no pavillón anexo ó Pazo Universitario dos Deportes (a cancha do C.B. Breogán). Alí deberán estar ás 9:00 para comezar a os partidos ás 9:30.
-TEATRO: O vindeiro martes, 21 de decembro de 2010, o grupo de Teatro de 4º, 5º e 6ª de Educación Primaria representará no Salón de Actos do Complexo Residencial Xuvenil LUG II, situado na rúa Pintor Corredoira, a obra que viñan preparando, adaptación da coñecida narración Un conto de Nadal a partir das 16:00. Sería recomendable que os actores e actrices esteán no devandito local antes das 15:45.
De non haber ningún problema, prevese que a actividade de Teatro para os rapaces de 1º, 2º e 3º se desenvolva normalmente no Colexio a partir das 17:00.
-PINTURA: A monitora de pintura ofreceuse amablemente a desenvolver esta actividade o martes 21 de 17:00 a 19:00 no local da ANPA.
IMPORTANTE: Respondendo ás peticións de infomación dalgunhas nais e pais, comunicamos que o mércores 22 de decembro, día da Festa de Nadal non haberá actividades extraescolares pero si funcionará o servizo de comedor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario