O pasado sábado día 23 tivo lugar no Estadio Gregorio Rivera o Campionato Provincial Escolar de Pista Cuberta. Participamos cun nutrido grupo de atletas conseguindo todas e todos moi boas marcas, sendo para moitas a súa primeira participación neste tipo de probas, e o que é máis importante disfrutando dunha grande tarde de atletismo. Destacar o 3º posto acadado por Raquel Peña en lonxitude alevín e o 2º posto de Denís Blanco en 50 m.l alevín.
Parabéns a todas e todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario