Os pais que fagan uso deste servizo poderán recoller ós seus fillos dende as 15:15 (cando rematan a comida) deica as 17:00. Durante este tempo os nenos estarán atendidos en todo momento por un coidador, que organizará actividades para entretelos. Os máis pequenos terán a posibilidade de descansar.
Para as familias recén chegadas, dirémosvos que existen tres posibilidades de uso do comedor:
- Menú fixo: cando se usa tódolos días da semana.
- Menú fixo discontinuo: cando se usa algún día fixo da semana ó longo do curso.
- Menú ocasional: cando se usa esporádicamente. Para facer uso deste servizo tedes que deixa-los datos do neno o día anterior no local da ANPA.
Se os nenos que pretender utilizar este servizo teñen algunha alerxia alimentaria ou doenza que aconselle un menú especial, haberá que dirixirse á ANPA para solicitar indicacións sobre o procedemento a seguir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario