Dende a FAPACEL e coa colaboración da área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo organizamos estas xornadas de promoción do deporte ,”SOMOS RURAL,SOMOS DEPORTE”, coa intención de achegar os deportes minoritarios ás nenas e nenos dos colexios rurais. Os clubes que participan comprometéronse a intentar realizar estas actividades con vos nas vosas zonas como actividades extraescolares se vos interesa e lles gusta ás crianzas. Agardamos que sexan do voso interese e que cheguemos entre todas a levar máis opcións de deporte as nenas e nenos do rural.
Por tema de protocolos Covid-19, deberemos levar rexistro de entrada no recinto do colexio, motivo polo cal vos pedimos inscripción.
Non entrara ningún menor sen acompañamento.
A inscripción faredela neste enlace
No hay comentarios:
Publicar un comentario