FAITE SOCIO CURSO 25/26, PREME AQUÍ!!!!

27/9/19

SAN FROILÁN MIÚDO

a PIQUES ESTÁ DE COMEZAR A FESTA DO SAN FROILÁN, E OS MÁIS PEQUENIÑOS TAMÉN TERÁN O SEU ESPAZO NA OFERTA DE ACTIVIDADES CULTURAIS E DE LECER. DESDE AS ANPAS APOSTAMOS POR ESTAS ACTIVIDADES PÚBLICAS E DE BALDE, AO ALCANCE DE TODAS AS NENAS E NENOS. ANIMÁDEVOS!

SAN FROILÁN MIÚDO

VENRES 04
17.00 a 19.00 h Obradoiro de bonecos de polbo con material de refugallo por Fds producións e Mil Cores. 
19.00 h “Concerto Punk infantil” con Peter Punk e Brais das Hortas

SÁBADO 05
11.00 a 13.00 h Obradoiro de Graffiti con Otro Prisma. na Praza Fonte dos Ranchos
13.00 h “A Illa sen tesouro” de Teatro Ghazafellos. 
17.00 a 19.00 h Obradoiro de Baile a cargo de Star Dance.
19.00 h Exhibición de Baile Star Dance.

DOMINGO 06
11.00 a 13.00 h Obradoiro de elaboración de xogos artesanais a cargo de Enigma.
13.00 h “Os Romeiros do Caracol” de Fantoches Baj.
17.00 a 19.00 h  Obradoiro “Toco, experimento e aprendo” a cargo da Asociación socioeducativa Antonio Gandoy. Para nenas/os entre 6 meses e 6 anos. 
19.00 h “GHOP” de Teatro ó Cubo. 

LUNS 07
17.00 a 19.00 h Xornada de xogos de mesa en galego a cargo de Brazolinda. 
19.00 h “Etxea” de Aimar & Cia.

MARTES 08
17.00 a 19.00 h Obradoiro de lanza confeti a cargo de Galwy. 
19.00 h “Tolitates” de Teatro Marionetas Trécola. 

MÉRCORES 09
17.00 a 19.00 h Obradoiro de robots articulados, a cargo de Animatium. 
19.00 h “Concerto con Fusión” de Píscore Teatro.

XOVES 10
17.30 h “Out of blue” de Frá Martó. 
19.00 h “Rojo” de  Mireia Miracle. Diante da Casa do Concello

VENRES 11
16.30 a 19.00 h Obradoiro e exhibición de baile de Ritmo Lugo. 
19.00 h Inicio do espectáculo itinerante “Ulterior, el viaje” de Tiritirantes. 

SÁBADO 12
11.00 a 13.00 h Obradoiro e demostración de xogos tradicionais  a cargo de Xotramu. 
13.00 h “A vida tola de Pajarito” de Pistacatro Produtora de soños. 
17.00 h “OhLimpiadas” de Sincronacidas. Diante da Casa do Concello
19.00 h “Vacacións no mar” de Mircromina títeres. 

No hay comentarios: