FAITE SOCIO CURSO 25/26, PREME AQUÍ!!!!

6/5/19

Programación de TURISMO CIENTÍFICO OBSERVERO, MONTAÑAS DE ANCARES E COUREL

A Diputación de Lugo abriu o xoves día 2 o prazo de inscrición da nova programación piloto de actividades de turismo científico OBSERVER nas montañas do Courel e Ancares para a temporada primavera-verán. Trátase de 6 actividades gratuitas que se desenvolverán de maio ata agosto e que consistirán en rutas ou paseos e actividades explicativas con temáticas vinculadas a Ciencias como a Xeoloxía, Botánica, Fauna, Astronomía e Paleontoloxía. A súa finalidade é dar a coñecer desde unha óptica vinculada a ciencia, ao público en xeral, a riqueza e os valores naturais destes dous espazos que, no pasado mes de marzo recibiron a certificación Espazo Observer Turismo Ccientífico grazas a un proxecto impulsado pola Diputación. Cada actividade terá un aforo de entre 25 e 30 persoas.


No hay comentarios: