FAITE SOCIO CURSO 25/26, PREME AQUÍ!!!!

28/9/15

Actividades extraescolares curso 2015-2016: borrador de horario, prezos, fichas de inscrición

Podedes descargar nestas ligazóns os seguintes documentos relacionados coas Actividades Extraescolares para o curso 2015-2016:
Ámbalas dúas fichas posúen campos interactivos que vos permitirán cumprimentalas no ordenador contanto cun lector de .pdf, como o Acrobat ou o Foxit.

As inscricións desenvolveranse entre os días 1 e 15 de outubro entre 9 e 9:30 da mañá no local da ANPA. Logo terán lugar no horario que se estableza de atención ao público. As admisións contabilizaranse por rigorosa orde de entrega, contando cada día, en primeiro lugar as entregadas persoalmente no local; en segundo lugar, as depositadas na caixa de correo da ANPA; e, por último, as enviadas por correo electrónico. No caso de que as peticións superen o número máximo establecido por actividade crearase unha listaxe da agarda.

No hay comentarios: