A Deputación Provincial de Lugo, en colaboración coa Asociación Socio-Pedagóxica Galega vén de organizar un programa formativo para pais e nais de Lugo baixo o título "Aprender a educar". Este desenvolverase os días 23, 24, 30 de novembro e 1 de decembro no Salon de Actos de Deputación Provincial a partir das 19:30 horas. As actividades inclúen a participación de sobranceiros especialistas que impartiran charlas sobre temas de grande interese para tod@s como a coeducación, o xogo e o xoguete, a estimulación precoz ou o empowerment familia-escola.
Máis información da páxina web da ASPG
No hay comentarios:
Publicar un comentario