FAITE SOCIO CURSO 24/25, PREME AQUÍ!!!!

24/11/18

OBRADOIRO DE BARRO

R/Roi Xordo, nº 2

27002 LUGO
anpaillaverde@gmail.com


OBRADOIRO DE BARRO

Dentro do programa “saídas en familia”, a ANPA do CEIP Illa Verde, organiza un obradoiro de barro na Parroquia de Bonxe, en Outeiro de Rei, coa artesá Alfareira Pepa Lombao.

Data: 1 de decembro de 2018

Duración da actividade: 90 minutos.

Breve explicación: a actividade desenvolveráse no taller da alfareira, onde poderán guiados, por Pepa, experimentar co barro, e facer pequenas pezas. Tamén farán traballo en torno, e poderán visitar o museo etnográfico do barro de Bonxe, que se atopa nas mesmas instalacións.

Número de prazas: a actividade será para grupos de 10 a 12 nenos/as de infantil e de primaria, acompañados dun adulto, que participará tamén na actividade xunto cos seus nenos/as.

Grupos e horarios:10:30 a 12:00h.// 12:00 a 13:30h.//  16:30 a 18:00h.

Prezo: socios 5 euros e non socios 7 euros ( a pagar o día da actividade, á responsable do grupo, que será alguén da xunta directiva da ANPA)

Para anotarse: podedes facelo a través do correo electrónico anpaillaverde@gmail.com indicando nome e apelidos do neno/a, idade e o horario no que prefiren anotarse.

Tamén podedes facelo o luns e o martes (26,27 de novembro) na anpa en horario de 9:05 a 9:30

Como chegar: https://goo.gl/maps/xir9uayjBVK2


https://drive.google.com/file/d/1v6JjvOB9EiYhfpbCFxx9hnVVFftvglto/view?usp=sharing

No hay comentarios: