Presentámosvos a nova actividade financiada pola ANPA na que poderán participar tod@s os alumn@s do noso colexio, que consiste na proxección de películas de carácter cientifico-educativo nunha cúpula.
O formato FullDome é un sistema propio dos sistemas de proxección dos planetarios, que consiste na proxección con deformación xeodésica dentro dunha estructura de domo, e así consegue unha sensación de inmersión na película.
Un dos soños de educadores, creadores e publicistas é xerar ilusións nas que tanto o alumnado como o espectador se mergullen ata tal punto que non sexan capaces de distinguir se o que están vendo é realidade ou fición. O FullDome consegue este espectacular efecto.
Aquí vos quedan as datas e horarios das sesións ás que acudirán @s nos@s alumn@s
https://drive.google.com/file/d/1Y0zexlvbiwu50q2rM88GVLWVA6oX2njs/view?usp=sharing
No hay comentarios:
Publicar un comentario