En patinaxe a actividade extraescolar financiada polo concello había máis de 20 nen@s, o que obrigou a facer un sorteo, os criterios do sorteo tal como se acordaron na asemblea da ANPA de onte martes, foron que os irmáns van xuntos e tamén se acordou que os alumnos de sexto de educación primaria ao ser o seu último ano no colexio, entraban directamente na actividade sen ir a sorteo, por iso aparecen remarcados en azul. No documento que adxuntamos, os que aparecen sinalados en verde entraron por sorteo na actividade, e á esquerda podedes ver a orde de números que saiu no sorteo.
As familias que non entraron poderan facelo co orde que aparece a dereita en canto teñamos baixas.
Lembramos que as tres faltas de asistencia a actividade por causa non xustificada seràn dados de baixa.
As actividades gratuítas do concello xestionas Serviplús e é ela quen marca o número de prazas e as normas( como o da asistencia, sorteo de prazas... )
Consulta aquí o listado:
https://drive.google.com/file/d/1LYHLZsDqJQJynJZmQzhEQjI-XK-iFY8-/view?usp=sharing
No hay comentarios:
Publicar un comentario